A - B - C

Alcaraván - Avefría - Becacina real - Bilurico escuro - Cortizol de barriga branca - Corvo real

 

Alcaraván.-
  • Aniña nunha depresión do chan, xeralmente entre pedras. Nel pon a partir de abril dous ovos ccremosos apencados de castaño que chocan os dous sexos durante vinteseis días. Os polos, nidífugos, voan ó cabo de corenta. Aliméntanse de caracois, lesmas, miñocas, grandes escaravellos e mesmo micromamíferos e lagartos.
    Expo. Nivel Exemp.
    2.1 2 1
Avefría.-
  • A femia pon catro ovos nunha depresión do chan, sen formar niño algún. Mediante a coidadosa vixilancia dos seus pais, así como os artificios de que se valen, conseguen non chama-la atención sobre os ovos e as crías. O seu alimento consiste en vermes, insectos e limacos.
    Expo. Nivel Exemp.
    2.1 2 1
Becacina Real.-
  • Esta ave cando se alarma emprende o voo describindo un zigzag característico e emitindo unha curiosa nota de alarma. Na época de celo os machos soben e baixan no aire; neste voo nupcial fan vibra-las ás rapidamente producindo un tamborileo e ruído característicos. O niño, instalado sobre un matoxo de herbas sobre o chan, contén catro ovos. Só se produce unha niñada cada ano. Esta ave é apreciada como alimento e figura entre as aves deportivas de caza.
    Expo. Nivel Exemp.
    2.1 2 1
Bilurico Escuro.-
  • Aliméntase de pequenos moluscos e insectos acuáticos.
    Expo. Nivel Exemp.
    2.1 2 1
Cortizol de Barriga Branca.-
  • Aliméntase de sementes, herbas, gromos e raramente de insectos.
    Expo. Nivel Exemp.
    2.1 3 1
Corvo Real.-
  • O niño, de estructura maciza, sitúano sobre un risco ou unha árbore. Os ovos, de cor verde azulado moteado ou pardo, son de tres a cinco en cada niñada. É ave omnívora e de voo potente. Os corvos presentan un gran servicio na destrución de ratóns e outros roedores perxudiciais, pero depredan on niños dos paxaros e poden atacar ós carneiros e ovellas. Pode domesticarse e aprender a imitar sons.
Expo. Nivel Exemp.
2.2 3 1

[Comenzo da páxina|Segunda vitrina|Menú Aves]