C - G

Cegoña común - Colibrí - Corvo mariño real - Cotorriña de Kramer - Curuxa común - Gaivota crara

 

Cegoña Común.-
  • Ten o seu hábitat en marxais, sabanas e campos. Emite un castañeteo do pico. Os seus niños son plataformas de paliños en árbores ou rocas. Unha especie de cegoñas aniña en edificios. Poñen de tres a cinco ovos brancos que se tinguen co tempo. Permanecen no niño de sete a oito semanas. Aliméntanse de peixes, insectos, carroña (dependendo da especie). Actualmente, atopáronse algunhas en zonas da Terra Cha. Os seus niños son tema de ditos supersticiosos.
    Expo. Nivel Exemp.
    3.2 1 1
Colibrí.-
  • É capaz de producir de vintedous a setenta e oito movementos por segundo coas súas ás. Pódese mover cara adiante e cara atrás mentres liba o néctar da flor.
    Expo. Nivel Exemp.
    3.1 2 3
Corvo Mariño Real.-
  • Os corvos mariños son residentes comúns das costas mariñas e dos sistemas hídricos do interior. Están distribuídos por todo o mundo, excepto por zonas polares extremas, islas oceánicas aisladas e terras áridas. Aliméntanse en zonas costeiras, afundíndose e buceando con facilidade. Teñen postas grandes, de ata seis ovos ou máis, e volven a poñer a finais da estación se as condicións o requiren. Poden aniñar en grandes colonias. Dende hai séculos úsanse corvos mariños para a pesca deportiva, colocándolles un anel no pescozo para que non traguen e extraéndolles posteriormente o pescado. A súa dieta son peixes e invertebrados mariños pequenos.
    Expo. Nivel Exemp.
    3.1 3 1
Cotorriña de Kramer.-
  • Ten a distribución xeográfica máis ampla da súa familia: dende o Norte de África ata o Lexano Oriente, e hai pouco foi introducida accidentalmente en zonas de Europa.
    Expo. Nivel Exemp.
    3.2 2 1
Curuxa Común.-
  • Ave rapaz nocturna que habita en zonas abertas, cultivos, zonas con árbores dispersas e bosques. Son as femias algo maiores que os machos. Emites siseos estridentes, asubíos ou chíos. Aniñan en furados de penas ou árbores, e a curuxa común en torres de igrexas e casas de campo. Adoitan poñer de dous a seis ovos; ás veces incluso once. Aliméntanse de mamíferos pequenos, paxaros, peixes, ras, lagartos e insectos.
    Expo. Nivel Exemp.
    4.1 2 1
Gaivota Crara.-
  • O hábitat das gaivotas é a nivel mundial, pero escasean nos trópicos. Emiten un amplo repertorio de sons resoantes (risas, míos e notas queixosas). Aniñan en concavidades da vexetación, algas, en cornisas rocosas ou no chan, en arbustos ou árbores. Poñen de dous a tres ovos que incuban durante tres a cinco semanas. Os novos emprenden o voo entre as tres e sete semanas. Inxiren peixes, crustáceos, moluscos, vermes, insectos, materia vexetal, restos animais e carroña; algunhas cazan aves e mamíferos.
    Expo. Nivel Exemp.
    3.1 3 1

[Comenzo da páxina|Terceira vitrina|Menú Aves]