E - F - G

Estorniño negro - Estorniño pinto - Estreliña dos piñeiros - Estreliña riscada - Ferreiriño Sibiliño - Gabián

 

 

Estorniño Negro.-
  • Endemismo do norte de África e P. Ibérica. Na P. Ibérica é sedentario e abondoso. En Galicia é moi común e está espallado por toda ela, pero faise máis raro nas zonas montañosas. Habita nos campos, zonas de cultivo e parques e xardíns de poboacións. Cría en pequenas colonias en buratos de árbores, paredes e penedos. Pon a finais de marzo a fins de xullo 4-7 ovos azuis claros que chocan ámbolos sexos durante 13 días; os polos deixan o niño ós 20. É ave moi gregaria, tanto para comer coma para durmir: hai durmideiros de varios milleiros en Santiago, A Coruña e Lugo. En inverno vaga mesturado co Estorniño pinto. Outros nomes polos que é coñecido vulgarmente o Estorniño N. Son Estornillo, Tornillo, Saturniño, Destornillo, Chirlo e Chirlomirlo.
    Expo. Nivel Exemp.
    1.1 2 1
Estorniño pinto.-
  • Paleártica. Cría en toda Europa, agás no sur de Italia e Grecia. Na P. Ibérica é invernante numeroso con cría no NE ata Santander e está en expansión cara ó oeste. En Galicia tamen é invernante numeroso desde outubro. Individuos anelados entre 1979-85, en Belxica (7), Alemania (1), Holanda(1), Polonia(1) e Suecia(1), foron recuperados na provincia da Coruña logo dun período máximo de 909 días. Vese en grandes bandos mesturados co Estorniño negro. Habita en campos, zonas de cultivo e parques e xardíns de poboacións. Aliméntase de insectos e as súas larvas, miñocas, sementes, grans e froitos. É ave gregaria tanto para comer coma para durmir.
    Expo. Nivel Exemp.
    1.1 2 1
Estreliña dos Piñeiros.-
  • Paleártica. En Europa está distribuída desde o norte de Escandinavia ata as zonas montañosas do Mediterráneo. Migradora parcial. Na P. Ibérica atópase en zonas montañosas: Cordilleira Cantábrica, Pirineos, Cordilleira Ibérica, Sistema Central, etc. En Galicia é moi escasa e vese principalmente nas montañas do Leste e Sueste. Habita nos piñeirais e outros bosques de coníferas en zonas de montaña. Constrúe o niño suspendido entre follas de coníferas e nel pon a partir de mediados de abril 7-10 ovos abrancazados e punteados en pardo que choca a femia durante 14-17 días; os polos deixan o niño ó cabo de 14. Dúas roladas. Aliméntase de insectos e arácnidos.
    Expo. Nivel Exemp.
    1.1 3 1
Estreliña Riscada.-
  • Holártica. En Europa distribúese irregularmente desde o sur do mar Báltico ata o Mediterráneo. Na P. Ibérica é común e sedentaria con invernantes na zona norte e oeste ata Lisboa e tamén nas zonas de montaña do Centro e Sur. En Galicia é común e vese en todo o territorio ata os 1300-1400 m de altitude. Habita en zonas arboreadas no campo: hortas, bosques, xardíns, parques, etc. Pendura o niño entre follas de árbores e arbustos e nel pon a partir de maio 7-10 ovos brancos rosados que choca a femia durante 14 días; os polos deixan o niño logo de dúas semanas. Dúas roladas. Aliméntase de arañas, vermes, insectos e as súas larvas.
    Expo. Nivel Exemp.
    1.1 3 1
Ferreiriño Sibiliño.-

- Especie non catalogada nas obras de referencia consultadas:

  • O Ferreiriño "subeliño" pertencente á familia AEGITHALIDAE, non coincide co Ferreiriño Sibiliño nin no nome científico (F. Sibiliño = Parus Atricapillus; F. Subeliño = Aegithalos Caudatus) nin no nome vulgar castelán (Carbonero Común e Mito, respectivamente). O Carbonero Sibilino pertencente á familia PARIDAE, non coincide co Ferreiriño Sibiliño nin no nome científico (F. Sibiliño = Parus Atricapillus; Carbonero Sibilino = Parus Major) nin no nome vulgar galego (Ferreiriño Sibiliño e Ferreiro Abelleiro, respectivamente). O exemplar estudiado foi catalogado dentro da familia de PARIDAE por acollerse ás características fundamentáis da mesma: Paseriformes de pequeño tamaño.
    Expo. Nivel Exemp.
    1.1 3 1
Gabián.-
  • Paleártica. Cría en toda Europa, agás no extremo norte. Presente en toda a P. Ibérica (6000-9000 parellas). En Galicia é sedentario non escaso que cría irregularmente por todo o territorio. Tamén hai invernantes de procedencia europea. Entre 1981-87 foron recuperados en Galicia 3 exemplares anelados: 2 in loco e un procedente de Holanda despois dun período máximo de 499 días. Hábitat forestal, aínda que tamén aparece preto de núcleos habitados. Constrúe o niño en árbores entre 7 e 16 m como un carballo, un castiñeiro, un piñeiro e mesmo un eucalipto. Pon a partir de xuño 3-5 ovos brancos-azulados con manchas castañas que choca a femia durante 35-40 días; os polos voan logo de 5 semanas. Aliméntase fundamentalmente de aves. Outros nomes polos que é coñecido vulgarmente o Gabián son Gavilán, Galivan e Avixote.
    Expo. Nivel Esemp.
    1.1 1 1

[Comenzo da páxina|Primeira vitrina|Menú Aves]