M - P - R - T

Miñato abelleiro - Miñato queimado - Periquito común - Rascón de auga - Tucán grande

 

Miñato Abelleiro.-
  • Come larvas de avésporas. Distribución por todo o mundo, excepto a Antártida. Constrúe o niño en árbores entre cinco e trinta metros. En maio pon dous ovos cremosos con ou sen manchas escuras. Choca principalmente a femia durante trinta a trinta e cinco días. Os polos voan a partir dos corenta. Aliméntanse fundamentalmente de himenópteros, tamén de lagartos e anfibios.
    Expo. Nivel Exemp.
    4.1 1 1
Miñato Queimado.-
  • É unha das rapaces máis notables e versátiles das zonas máis cálidas do vello mundo, buscando entre o lixo por centos en cidades e pobos. Os miñatos tenden a concentrarse en lugares de descanso comunitarios, dende os que se dispersan cara ás áreas de caza durante o día. Os miñatos descansan en árbores.
    Expo. Nivel Exemp.
    4.1 1 1
Periquito Común.-
  • O periquito común de Australia é a única especie da súa familia que está verdadeiramente domesticada. Tralo can e o gato, quizais sexa o animal caseiro máis común en Occidente. É nómada, capaz de voar distancias consideraables en busca de alimento.
    Expo. Nivel Exemp.
    3.2 2 1
Rascón de auga.-
  • Os rascóns son unha familia grande pero pouco coñecida. Viven no chan ou a nivel da auga, correndo ou nadando nunha gran variedade de hábitats: chairas de aluvión de ríos, claros de bosques, pradeiras e marxais. Emiten numerosos asubíos, chíos e gruñidos. Reúnense en tres grupos: rascóns piquilargos, pitas e fochas. Poñen de dous a doce ovos. Inxeren invertebrados, ás veces vertebrados pequenos, algunhas sementes, froitos, etc. Hai poucas especies herbívoras.
    Expo. Nivel Exemp.
    4.1 1 1
Tucán Grande.-
  • Habitan en América Tropical, dende o Sur de México ata Bolivia e o Norte de Arxentina, excluíndo as Antillas. Viven en pluvisilva e zonas de árbores máis abertas. Emiten un son pouco armonioso. Aniñan en cavidades naturais en árbores. Poñen de dous a catro ovos incubados durante quince ou dezaseis días. Inxeren froitas, insectos, lagartos pequenos, caracois, ovos de aves e polos.
    Expo. Nivel Exemp.
    3.1 2 1

[Comenzo da páxina|Terceira vitrina|Menú Aves]