P

Perdiz común - Perdiz das neves - Píldora dourada - Pita do monte - Pomba doméstica - Pombo bravo

 

Perdiz Común.-
  • A perdiz figura entre as aves favoritas dos cazadores pola súa exquisita carne. A súa plumaxe críptica fai que apenas se distinga no chan, polo que se caza xeralmente con can. Disparándoa ergue o voo. Prefire os lugares abertos con matos ou o monte baixo.
    Expo. Nivel Exemp.
    2.1 4 1
Perdiz das Neves.-
  • Ave que vive nas zonas de tundra do hemisferio norte. Adáptase moi ben a ambientes xélidos. Con plumas ata nos dedos. A perdiz das neves soporta as treboadas de neve escavando covís e caldeándoos coa súa propia calor corporal. Incuba entre oito e trece ovos.
    Expo. Nivel Exemp.
    2.1 4 1
Píldora Dourada.-
  • Aliméntase de insectos e as súas larvas, miñocas, arañas, moluscos e outros invertebrados.
    Expo. Nivel Exemp.
    2.1 2 1
Pita do Monte.-
  • Habita nos bosques de coníferas do Oeste de Siberia e Europa. O macho é do tamaño aproximado dun pavo. A femia é moito menor có macho. Ámbolos dous teñen patas plumosas ata os dedos. Aliméntanse de bagas, sementes e gromos tenros de piñeiro. Ten voo poderoso, e é unha ave polígama. Os machos pretenden ás femias cunha complicada mistura de cantos, tamborileos e danzas. En primavera, as femias poñen de seis a doce ovos de cor avermellado nun furado do chan protexido por ramallos.
    Expo. Nivel Exemp.
    2.2 2 1
Pomba doméstica.-
  • A súa plumaxe suave e compacta varía de cor segundo as diferentes especies. É ave monógama e, aínda que se considera pacífica, libra furiosas pelexas na época de celo. Forma o niño con pallas, talos, ramiñas, anacos de cortiza, etc., e instálao nunha árbore, no chan e fendeduras. En cada niñada pon dous ou tres ovos de cor branca ou lixeiramente cremosa. Cando saen do cascarón e durante algún tempo, os polos aliméntanse do líquido que, producido no buche de seus pais, trasladan estos á súa boca. Os adultos beben mergullando o pico ata as ventas e succionando sen interromper.
    Expo. Nivel Exemp.
    2.1 3 1
Pombo Bravo.-
  • Distínguese pola súa cor máis escura e a ausencia de manchas brancas no pescozo. Aniña en furados de árbores, covís de coellos e casas.
    Expo. Nivel Exemp.
    2.1 3 1

[Comenzo da páxina|Segunda vitrina|Menú Aves]